viernes, 17 de junio de 2011

jueves, 16 de junio de 2011

E fomos a Cerceda!!!

Si señor!!! aínda que saímos de Placeres cos limpia parabrisas postos... disfrutamos do aquapark en condicións, cun pouco de fresco pero...








lunes, 13 de junio de 2011

Rota e muiñada popular no río Almofrei!!!

Lembrádesvos da excursión ó muiño e ó río almofrei? pois agora podedes volver cos vosos pais, nais, avós, etc...

Este é o correo que nos chegou:


Aula RUrbana de Pontevedra
Roteiro fluvial do Salgueiral
Durante os pasados meses de abril e maio a Aula Rurbana de Pontevedra botou a andar o Roteiro Fluvial do Salgueiral, un proxecto de educación e divulgación do patrimonio natural e cultural da contorna do río Almofrei dirixido a estudantes de primaria e secundaria.  Máis de  300 rapaces  puideron percorrer a ribeira do río descubrindo a flora, a fauna e a historia social e cultural dun espazo único e descoñecido. Por todo isto, o vindeiro sábado 18 de xuño queremos agradecer a todas aquelas persoas que participaron ou fixeron posible dalgún xeito este proxecto cunha muiñada e breve visita ó roteiro. A cita será ás 18h na Casa de Cultura do Salgueiral. De alí baixaremos polo pobo ata o muíño para gozar dunha muiñada e merenda popular.
Suxírese aos convidados que veñan con calzado e roupa cómodas.
Información e contacto: anias@anias.es tel.986 86 45 98
Este proxecto é unha iniciativa da Comunidade de Montes de O Salgueiral, xunto coa produción de Anias Xestión Sociocultural  e o apoio e colaboración do Concello de Pontevedra e o Ministerio de Cultura.


Vades a pasar por sitios coma este...

jueves, 2 de junio de 2011

Campionato de España de Tumbling e ximnasia acrobática en Pontevedra

Preguntarédevos por qué anunciamos este evento eiquí... Nonsí?
A razón chámase Pablo Moliner Fernández, un compañeiro da nosa clase que é subcampión de España de Tumbling e vai participar neste campionato.
SORTE CAMPIÓN!!!


Máis información en :

http://www.ximnasiapontevedra.com/gl


 Pablo xa competiu este sábado e quedou 2º clasificado no campionato de España de Tumbling e o seu equipo tamén fixo un segundo posto. NORABOA!!!


martes, 31 de mayo de 2011

Video letras galegas

A petición de algunhas alumnas poño o enlace do video que tanto os gustou:

http://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk

A ver se así falamos algo mais en galego!!!

miércoles, 25 de mayo de 2011

Eu non fumo...

Os nenos/as da nosa clase lembráronse dun video que fixeran fai anos en contra do tabaco, buscámolo e aínda botamos unhas risas:

http://www.youtube.com/watch?v=4pOuyjIc6sk

martes, 24 de mayo de 2011

Festa da familia

Como podedes ler no díptico que vos entregarán os vosos fillos/as, este xoves 26 terán lugar unha serie de actos para celebrar o día da Santa Nai "Magdalena Sofía", será pola tarde a partires das 16:00, tamén estará aberta a tómbola para colaborar con Uganda.

O sábado terá lugar a "Festa da Familia" e comeremos todos xuntos en Sta. María do Campo e logo faremos uns xogos... Vémonos!!!

Prehistoria e historia...

Estamos a coñecer a prehistoria e a idade antiga da nosa civilización.
Non estaría mal unha visita para reforzar e fixar os coñecementos da aula a lugares coma os petroglifos de Mogor ou ó parque arqueolóxico da Caeira (Subindo polo colexio SEK, ó final de esa rúa), as mámoas de Cotorredondo e Chan D'arquiña ou mesmamente ver os miliarios que se atopan nas Ruinas de Santo Domingo.
Hoxe mesmo, os nenos/as levan un papel que promociona o CITA, centro de interpretación das torres arzobispais, onde explican de xeito lúdico e ameno un pouco do pasado medieval de Pontevedra.
Mesmo no museo de Pontevedra podedes atopar moita información do noso pasado:
http://www.museo.depo.es/coleccion/ga.03000000.html

E eiquí podedes facervos unha idea do centro de interpretación e parque arqueolóxico da Caeira:

http://www.youtube.com/watch?v=9g_pXwga7s4&feature=fvst

E aquí o ladiño,no monte Pituco, tamén temos petroglifos:

http://www.youtube.com/watch?v=QR3P2lwJtHU

viernes, 20 de mayo de 2011

Actividades para a fin de semana

Sábado 21 de maio:

OBRADOIRO DE CANTOS DE ARROLO E MASAXE
Para familias con fillos/as  de 1 a 5 anos
Hora: ás 12,30 h
Lugar: local social do Gorgullón
Nº prazas: 20 familias por sesión, con inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra (Tel. 986 100 185, ext. 7042)
Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


TEATRO
“O achado do Castro”, do grupo de teatro Arume-Mercantil
Ás 20:30 h, no salón de actos do Museo de Pontevedra (6º edificio)
Organiza: Casino Mercantil
Colabora: Museo de Pontevedra

miércoles, 18 de mayo de 2011

Excursión fin de curso

Pois este ano, aproveitando unha invitación dos compañeiros/as de 6º, imos poder acodir ó aquapark de Cerceda a un precio bastante módico. En breve poñemos datas e prezo. O recinto estará a disposición dos nenos de varios colexios que participaron nun concurso e haberá monitores e socorristas.
Imos pasalo moi ben!!!

Botade unha ollada:

http://aquapark.cerceda.org/

Josecho acada o 1º premio de poesía do Concello de Marín!!!

Noraboa compañeiro!!!

Como moitos xa sabedes o mestre Josecho do noso colexio xa recibiu varios premios de narrativa, este é o seu primeiro de poesía.


http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/05/18/torre-recoge-premio-poesia-concello-marin-museo-torres/545793.html?utm_source=rss

jueves, 12 de mayo de 2011

Letras galegas- Mes da língua

MAIO MES DA LINGUA

Hoxe, xoves 12 de maio:

Conferencia de Antón Lopo sobre Lois Pereiro
Hora:20,30 h
Lugar: local social do Burgo
Organizan: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e Asoc. Sociocultural O Burgo.


Para os vindeiros días salientamos:

VENRES, 13 DE MAIO
charla coloquio: perspectivcas de futuro da lingua galega
Intervirán:
- Pilar Freitas, autora do libro A represión lingüística en Galiza no século XIX (Xerais);
- Quique Martíns, membro da AGAL;
- Duarte Correa, da CIG-Ensino;
Ás 20 h, no local da Revira, rúa Gonzalo Gallas, 4.
Organiza: A Revira

CONTACONTOS
Contacontos (de 4 a 8 anos), con Mau e Pin. Polo correo do vento: Carola, a carteira centola.
Ás18 h, na sala infantil da biblioteca
Organiza: Biblioteca Pública Antonio Odriozola

SÁBADO, 14 DE MAIO
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
Aprende a debuxar a Fiz; para nenos e nenas de 7 anos en diante.
Ás12 h, na libraría Paz Organiza: Retranca Editora
Colabora: librería Paz
FESTA DA LINGUA
Na praza da Verdura, a partir das 12h e das 18h: pasarrúas, contacontos, magos, regueifas, libros viaxeiros,
Organiza: Asociación cultural A Revira. Colabora: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Un saúdo
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingúística

Recursos dixitais on-line

Algúns de vos queredes facer actividades dende a vosa casa coma as que estamos a facer dende a nosa aula cos portátiles, xa sei que sabedes de que páxinas se trata pero por si algún se despista ahí van algunhas:

Jueduland     (En este tedes que buscar, primeiro por materias e logo por cursos)

http://www.usaelcoco.com/

http://www.vedoque.com/

http://www.aplicaciones.info/

Propostas para a ponte das letras galegas

O primeiro ler un libro en galego!!!
Pero como quedastes con ganas de mais muiños e andainas, ahí van unha serie de visitas posibeis para estes catro días.

Río Almofrei, esta xa a coñecedes, pero podedes facela dende a estación da ITV en Bora, e voltar ata alí de novo (A zona dos pasais está incompleta como vistes, tocará descalzarse e mollar ós pés).
Río Armenteira, dende o mosteiro de Armenteira hai unha preciosa senda de baixada ata Meis chea de muiños restaurados e outros sen restaurar, abaixo está a "Aldea Labrega", os que esteades en forma podedes facela dende abaixo de ida e volta...

Muiños do Picón e do Folón, cerca de A Garda, son impresionantes, é unha rota curta e fácil, deixovos un enlace.
Folon e Picon
Se vades a esta rota tamén vos podedes acercar á praia de Camposancos, ne desembocadura do río Miño.

Muiños de mareas: Hai varios, eiquí cerquiña en Cambados está o da Seca:

Muiño de mareas "A Seca" Cambados


Un pouco mais lonxe, en Muros temos outro:

Muiño de mareas Muros

martes, 10 de mayo de 2011

Excursión de hoxe

Creo que non falo só pola miña boca se digo que foi unha das mellores saídas que fixemos, xa veremos que aprendimos polo río arriba...

E comezamos a camiñar...

Atendemos...

Debullamos



E... logo de buscar a chave do muíño... Moemos!!!



lunes, 9 de mayo de 2011

Non vos esquenzades de traer a autorización!!!

   Hoxe veu á nosa clase unha monitora que nos acompañará mañá ó río Almofrei e a facer a "moenda", gustoulle moito que xa sabéramos o que era un muiño de auga e algunhas cousas mais, lembrade os seus consellos e traer a autorización para poder ir todos/as.
   Lembrarvos que mañá levarei a clase un carapucho (ten varios nomes) e farei de modelo, xa sabedes que era o que se usaba antigamente de "chubasqueiro"

jueves, 5 de mayo de 2011

Excursión ó río Almofrei do vindeiro martes 10 de Maio.


OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
1. Xerar interese nos rapaces por ampliar coñecementos sobre o seu entorno ambiental
2. Xerar interese na mocidade por coñecer e desenvolver actividades lúdicas e deportivas no medio
natural
3. Dar a coñecer á xente mais nova a historia galega recente
4. Aprender a comprender e interpretar o medio rural
5. Familiarizar os rapaces coa conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial
6. Desenvolver nos rapaces unha ollada sensible, crítica e activa co seu entorno

OBXECTIVOS SOCIAIS
1. Concienciar os participantes da importancia dos recursos naturais –auga, vento, terra- como fonte de
recursos para a supervivencia
2. Amosar alternativas de aproveitamento, produción e consumo sostibles co medio ambiente e o
desenvolvemento local
3. Promover a comunicación, a colaboración e a solidariedade como valores para o traballo e a creación
en grupo

CONTIDOS DE APRENDIZAXE
·
Natureza, medio ambiente e ecoloxía
·
Historia e xeografía
·
Cultura popular e etnografía

DESCRICIÓN
A posta en valor dos muíños do Almofrei defínese en dúas dimensións, por unha banda a do
material
patrimoniono senso físico da arquitectura popular que representan estas construcións, e pola outra, o
patrimonio inmaterial
vencelladas a actividade muiñeira. Súmase ademais o valor vinculado do
se atopan localizados: o río Almofrei e toda a vexetación e fauna conservados á súa beira

.
O RÍO, FONTE DE VIDA
A auga está sempre en movemento, isto é bo para a súa calidade e a existencia de muíños hidráulicos é moi útil
para un bo aproveitamento da mesma. Un dos maiores problemas de Galicia é o escaso aproveitamento da
auga. Moita auga que cae, aproximadamente un 90% ten un escaso aproveitamento, co inconveniente de que
os cultivos e colleitas pasan sede no estío ó non existir estruturas de captación de auga. No rural hai anos e
aínda hoxe nalgúns lugares, o uso da auga era comunal, tendo que ir buscala o día que che tocara a vez para
poder regar as leiras.
O río Almofrei é un río moi importante no ecosistema da zona, afluente do río Lérez. Cando aparece espuma é
a materia orgánica. Esta materia orgánica procede das partes altas do río. A vexetación de ribeira está
presentes nas proximidades do río. O aireamento da auga polos saltos ou fervenzas é fundamental para a
existencia de vida no río.
A vexetación de ribeira é aquela que sobrevive pola humidade do chan e que medra nas beiras dos ríos. Ten
unha importancia determinante na ecoloxía do propio río pola sombra que pode proporcionar e os materiais
arrastrados pola escorrenta. A alta humidade fai proliferar a fraga de ribeira: os fentos, os cogomelos
fungos
de vez en cando unha raiola que ilumina a ribeira.
Xunto ó río Almofrei hai tres muíños, que son signos do aproveitamento da auga. A situación estratéxica
dalgúns muíños, enclavados en lugares de certa importancia ecolóxica, confírenlle á construción un papel
destacado dentro do hábitat. Así mesmo, o muíño adquire co seu abandono a verdadeira dimensión de nicho
ecolóxico. A fauna que xa acudía con anterioridade ós arredores do muíño na procura de alimento, tómao
agora ó asalto e pasa a vivir nel por ofrecer boas condicións de abeiro (refuxio). Os paxaros de todo tipo
acoden a el para se alimentaren de arañas, avespas e tamén para aniñaren nos ocos dos muros.
, os, e máis arriba os salgueiros, freixos, bidueiros , habitantes dos nosos ríos cobren o ceo deixando entrar
A importancia dos muíños na vida social e cultural
Non menos importante co papel económico, é a función social que o muíño desempeñou como centro
irradiador de cultura popular. Tanto na tradición oral coma escrita - cantigas, regueifas, adiviñas, contos, ditos,
refráns, xogos…- recóllense relatos de amor, erotismo e fantasía, dependendo a súa intensidade do sistema de
propiedade, da área de influencia do muíño e de que as muiñadas fosen diúrnas ou nocturnas. Para algunhas
persoas a moenda considerábase unha festa, cando o muíño estaba preto doutros onde había xente o seu
redor, ou para outras era un castigo se o muíño estaba lonxe da casa e por alí non pasaba ninguén.
A máis do fin puramente lúdico, o cantar no muíño era empregado como acompañamento do baile, que
soamente se produce cando, xa animada a concorrencia, un mozo saca a bailar a unha moza, que nun principio
se resiste (reacción ritual) para acceder de seguido. Durante curto tempo brincan e xiran. A muiñeira chámase
así porque debeu nacer coma baile de muíño.
Nalgúns muíños as pedras do marco da porta presentan teñen cruces esculpidas. Estas cruces tiñan como
función impedir a entrada do demo no muíño e protexelo de todo mal. Por último, cabe sinalar que os muíños
tiñan os seus días santos, días de descanso durante os cales non se podía moer eran Noiteboa, Aninovo, Santos
Inocentes e Tódolos Santos.

Gustaríame que opinedes sobre este video...

http://www.youtube.com/watch?v=jU4oA3kkAWU

Quero comentarios!

Muiño de Cabanas. Restauración e festa de inauguración

Este sábado, o muiño de Cabanas, en salcedo voltará a facer a moenda... Se queredes anticiparvos á excursión do martes o muiño do río Almofrei podedes acodir a esta maravillosa cita:
http://www.vaipolorio.org/actividades/ver_actividad.php?id_actividad=84

miércoles, 4 de mayo de 2011

Provincias e autonomías de España

Lembrade que nesta páxina:

http://www.xtec.net/~ealonso/flash/mapasflash.htm

Tedes recursos para estudar a xeografía de España...

Marathón da Xunqueira

Hoxe participamos nesta coñecida proba e no noso ciclo acadamos varios trofeos, dende un 1º de Rebeca ata segundos e medallas... Parabéns ós corredores/as!!!

jueves, 28 de abril de 2011

Abalar

El famoso "Abalar" para dotar a las aulas de ordenadores personales para cada alumno/a ya está presente en nuestras aulas desde el pasado año, ahora trabajamos a menudo con los portátiles y la PDI (Pantalla Digital Interactiva)

miércoles, 27 de abril de 2011

Circuíto de Educación vial

O 13 de Maio, venres, acodiremos a unha cita coa policía Municipal no seu circuíto de Mollabao e faremos uso del, facendo de conductores e peóns...
Imos pasalo moi ben...

Excursión rio Almofrei

O próximo día 10 toda a clase de 5ºb iremos a percorrer parte das beiras do río Almofrei, moeremos millo nun muiño restaurado e veremos como se coce para facer a broa...

Premio Educación vial

Bos dias!
Onte recibimos a noticia de que unha das nenas da nosa clase resultou premiada no concurso de cartas de Educación Vial. Inés Otero Gómez irá este vindeiro luns ó pazo da cultura a recoller o seu premio acompañada de tódolos seus compañeiros de 5º curso.
Parabéns Inés!

miércoles, 13 de abril de 2011

Excursión a U.K. Proxecto "Comenius"

A semana pasada , catorce nenos/as de 6º de Ed. Primaria e catro mestres desprazámonos ata Newcasttle para disfrutar dunha semana en compaña de alumnos noruegueses, austríacos e ingleses.