jueves, 12 de mayo de 2011

Propostas para a ponte das letras galegas

O primeiro ler un libro en galego!!!
Pero como quedastes con ganas de mais muiños e andainas, ahí van unha serie de visitas posibeis para estes catro días.

Río Almofrei, esta xa a coñecedes, pero podedes facela dende a estación da ITV en Bora, e voltar ata alí de novo (A zona dos pasais está incompleta como vistes, tocará descalzarse e mollar ós pés).
Río Armenteira, dende o mosteiro de Armenteira hai unha preciosa senda de baixada ata Meis chea de muiños restaurados e outros sen restaurar, abaixo está a "Aldea Labrega", os que esteades en forma podedes facela dende abaixo de ida e volta...

Muiños do Picón e do Folón, cerca de A Garda, son impresionantes, é unha rota curta e fácil, deixovos un enlace.
Folon e Picon
Se vades a esta rota tamén vos podedes acercar á praia de Camposancos, ne desembocadura do río Miño.

Muiños de mareas: Hai varios, eiquí cerquiña en Cambados está o da Seca:

Muiño de mareas "A Seca" Cambados


Un pouco mais lonxe, en Muros temos outro:

Muiño de mareas Muros

No hay comentarios:

Publicar un comentario