jueves, 5 de mayo de 2011

Excursión ó río Almofrei do vindeiro martes 10 de Maio.


OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
1. Xerar interese nos rapaces por ampliar coñecementos sobre o seu entorno ambiental
2. Xerar interese na mocidade por coñecer e desenvolver actividades lúdicas e deportivas no medio
natural
3. Dar a coñecer á xente mais nova a historia galega recente
4. Aprender a comprender e interpretar o medio rural
5. Familiarizar os rapaces coa conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial
6. Desenvolver nos rapaces unha ollada sensible, crítica e activa co seu entorno

OBXECTIVOS SOCIAIS
1. Concienciar os participantes da importancia dos recursos naturais –auga, vento, terra- como fonte de
recursos para a supervivencia
2. Amosar alternativas de aproveitamento, produción e consumo sostibles co medio ambiente e o
desenvolvemento local
3. Promover a comunicación, a colaboración e a solidariedade como valores para o traballo e a creación
en grupo

CONTIDOS DE APRENDIZAXE
·
Natureza, medio ambiente e ecoloxía
·
Historia e xeografía
·
Cultura popular e etnografía

DESCRICIÓN
A posta en valor dos muíños do Almofrei defínese en dúas dimensións, por unha banda a do
material
patrimoniono senso físico da arquitectura popular que representan estas construcións, e pola outra, o
patrimonio inmaterial
vencelladas a actividade muiñeira. Súmase ademais o valor vinculado do
se atopan localizados: o río Almofrei e toda a vexetación e fauna conservados á súa beira

.
O RÍO, FONTE DE VIDA
A auga está sempre en movemento, isto é bo para a súa calidade e a existencia de muíños hidráulicos é moi útil
para un bo aproveitamento da mesma. Un dos maiores problemas de Galicia é o escaso aproveitamento da
auga. Moita auga que cae, aproximadamente un 90% ten un escaso aproveitamento, co inconveniente de que
os cultivos e colleitas pasan sede no estío ó non existir estruturas de captación de auga. No rural hai anos e
aínda hoxe nalgúns lugares, o uso da auga era comunal, tendo que ir buscala o día que che tocara a vez para
poder regar as leiras.
O río Almofrei é un río moi importante no ecosistema da zona, afluente do río Lérez. Cando aparece espuma é
a materia orgánica. Esta materia orgánica procede das partes altas do río. A vexetación de ribeira está
presentes nas proximidades do río. O aireamento da auga polos saltos ou fervenzas é fundamental para a
existencia de vida no río.
A vexetación de ribeira é aquela que sobrevive pola humidade do chan e que medra nas beiras dos ríos. Ten
unha importancia determinante na ecoloxía do propio río pola sombra que pode proporcionar e os materiais
arrastrados pola escorrenta. A alta humidade fai proliferar a fraga de ribeira: os fentos, os cogomelos
fungos
de vez en cando unha raiola que ilumina a ribeira.
Xunto ó río Almofrei hai tres muíños, que son signos do aproveitamento da auga. A situación estratéxica
dalgúns muíños, enclavados en lugares de certa importancia ecolóxica, confírenlle á construción un papel
destacado dentro do hábitat. Así mesmo, o muíño adquire co seu abandono a verdadeira dimensión de nicho
ecolóxico. A fauna que xa acudía con anterioridade ós arredores do muíño na procura de alimento, tómao
agora ó asalto e pasa a vivir nel por ofrecer boas condicións de abeiro (refuxio). Os paxaros de todo tipo
acoden a el para se alimentaren de arañas, avespas e tamén para aniñaren nos ocos dos muros.
, os, e máis arriba os salgueiros, freixos, bidueiros , habitantes dos nosos ríos cobren o ceo deixando entrar
A importancia dos muíños na vida social e cultural
Non menos importante co papel económico, é a función social que o muíño desempeñou como centro
irradiador de cultura popular. Tanto na tradición oral coma escrita - cantigas, regueifas, adiviñas, contos, ditos,
refráns, xogos…- recóllense relatos de amor, erotismo e fantasía, dependendo a súa intensidade do sistema de
propiedade, da área de influencia do muíño e de que as muiñadas fosen diúrnas ou nocturnas. Para algunhas
persoas a moenda considerábase unha festa, cando o muíño estaba preto doutros onde había xente o seu
redor, ou para outras era un castigo se o muíño estaba lonxe da casa e por alí non pasaba ninguén.
A máis do fin puramente lúdico, o cantar no muíño era empregado como acompañamento do baile, que
soamente se produce cando, xa animada a concorrencia, un mozo saca a bailar a unha moza, que nun principio
se resiste (reacción ritual) para acceder de seguido. Durante curto tempo brincan e xiran. A muiñeira chámase
así porque debeu nacer coma baile de muíño.
Nalgúns muíños as pedras do marco da porta presentan teñen cruces esculpidas. Estas cruces tiñan como
función impedir a entrada do demo no muíño e protexelo de todo mal. Por último, cabe sinalar que os muíños
tiñan os seus días santos, días de descanso durante os cales non se podía moer eran Noiteboa, Aninovo, Santos
Inocentes e Tódolos Santos.

1 comentario:

  1. Lunes charla del policía, martes , excursión, viernes, educación vial, ordenadores portátiles,pizarra digital....y cuándo se trabaja?????? qué bien vivis!!!!!!!!!!!!!!:)

    ResponderEliminar