Estamos a coñecer a prehistoria e a idade antiga da nosa civilización.
Non estaría mal unha visita para reforzar e fixar os coñecementos da aula a lugares coma os petroglifos de Mogor ou ó parque arqueolóxico da Caeira (Subindo polo colexio SEK, ó final de esa rúa), as mámoas de Cotorredondo e Chan D'arquiña ou mesmamente ver os miliarios que se atopan nas Ruinas de Santo Domingo.
Hoxe mesmo, os nenos/as levan un papel que promociona o CITA, centro de interpretación das torres arzobispais, onde explican de xeito lúdico e ameno un pouco do pasado medieval de Pontevedra.
Mesmo no museo de Pontevedra podedes atopar moita información do noso pasado:
http://www.museo.depo.es/coleccion/ga.03000000.html
E eiquí podedes facervos unha idea do centro de interpretación e parque arqueolóxico da Caeira:
http://www.youtube.com/watch?v=9g_pXwga7s4&feature=fvst
E aquí o ladiño,no monte Pituco, tamén temos petroglifos:
http://www.youtube.com/watch?v=QR3P2lwJtHU
No hay comentarios:
Publicar un comentario