Este é o correo que nos chegou:
Aula RUrbana de Pontevedra
Roteiro fluvial do Salgueiral
Roteiro fluvial do Salgueiral
Durante os pasados meses de abril e maio a Aula Rurbana de Pontevedra botou a andar o Roteiro Fluvial do Salgueiral, un proxecto de educación e divulgación do patrimonio natural e cultural da contorna do río Almofrei dirixido a estudantes de primaria e secundaria. Máis de 300 rapaces puideron percorrer a ribeira do río descubrindo a flora, a fauna e a historia social e cultural dun espazo único e descoñecido. Por todo isto, o vindeiro sábado 18 de xuño queremos agradecer a todas aquelas persoas que participaron ou fixeron posible dalgún xeito este proxecto cunha muiñada e breve visita ó roteiro. A cita será ás 18h na Casa de Cultura do Salgueiral. De alí baixaremos polo pobo ata o muíño para gozar dunha muiñada e merenda popular.
Suxírese aos convidados que veñan con calzado e roupa cómodas.
Información e contacto: anias@anias.es tel.986 86 45 98
Suxírese aos convidados que veñan con calzado e roupa cómodas.
Información e contacto: anias@anias.es tel.986 86 45 98
No hay comentarios:
Publicar un comentario